O cuarto meetup do VigoJUG: Kotlin, o Java para o século XXI

| blog |

En Xullo aínda non estamos de vacacións.. e vimos con un tema moi interesante: Kotlin. Unha linguaxe que Google anunciou fai pouco está soportada oficialmente en Android (xunto con Java) e que no ultimo ano escalou posicións de forma meteórica no índice Tiobe.

Ademais, teremos un poñente de luxo e moi coñecido na comunidade: Alberto Ruibal. Durante moitos anos petándoo en Google Play e agora nas filas dunha das empresas locais máis activas, Quobis.

A presentación da charla da man de Rui:

O anuncio do Google I/O ven avalar aos moitos desenvolvedores e empresas que xa confiaban en Kotlin como a súa linguaxe principal para Android.

Pero Kotlin vai moito máis alá de Android: é unha linguaxe da JVM 100% interoperable con Java que tamén pode transpilar a Javascript, compilar a nativo e incluso ser usada en scripts.

Nesta charla discutiremos as características de Kotlin, irmá pequena de Scala, que fan dela unha linguaxe funcional moderna, segura, concisa e productiva, amosando un exemplo de cómo se migrou un código Java existente a Kotlin (o Carballo Chess Engine).

Cartel Kotlin

Unha vez rematada a charla de Alberto, faremos unha sesión de charlas cortas (5 minutos). Anímate e envianos a tua proposta a organizers@vigojug.org.

O meetup farase no Kaleido Coworking ( ubicación ) as 19:30 o martes 4 de Xullo. O rexistro faise a través da páxina do meetup.

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar unhas cervexas o bar do lado para charlar un rato e relaxarnos un pouco.

¡Anímate!

P.D.: xa temos o reto de Xuño publicado en GitHub, anímate a mellorar un pouco os teus skills de programación, é moi divertido.

P.D.2: a volta do verán, faremos máis talleres de iniciación a programación orientada a obxetos ;-)


Última actualización: 14/06/2017

Colaboradores