O resumo do segundo meetup

| blog |

Esto marcha, parece incrible que xa esteamos a facer o resumo do segundo meetup, teñamos un workshop convocado, o segundo reto en marcha e xa vaiamos de camiño o terceiro meetup. Non podemos estar máis agradecidos a toda a comunidade. ¡Sodes uns cracks!.

Xa indo o tema, o segundo meetup empezou presentando VigoTech, unha iniciativa conxunta de todos os grupos. Se non visitaches a web, date unha volta e descobre todo o que Vigo pode ofrecerte de balde en temas de tecnoloxía e comunidade.

Tamén fixemos un sorteo para repartir as licencias de JetBrains entre a xente que se anima a facer unha charla. Anímate a facer unha, ¡é moi divertido!.

Despois anunciamos o gañador do reto, Miguel, organizador do Python Vigo foi o vencedor pero tal e como se comentou, gañamos todos. O reto está a ser moi divertido e para todo o mundo xa que é modular e non fai falta facelo todo. Se te animas, o de Maio xa está lanzado. Non fai falta facelo completo e ninguén vai criticar o teu código: todos temos obrigas máis importantes que sumar arrays de enteiros. O tema é aprender e practicar un pouco máis.

A continuación, Alejandro Moratinos fixo unha introducción sobre a base de datos Cassandra.


Unha charla moi informativa, con moita participación dos asistentes e boas pinceladas para coñecer de que vai esta Base de datos e as NoSQL en xeral. Alejandro tamén compartiu a sua experiencia con esta DB, os casos de uso e trucos. As slides da charla as podedes encontrar no repo de Github e a podedes tamén ver en video en Youtube.

A segunda charla a fixo Saul Molinero, un dos organizadores do GDGVigo e con moita experiencia no desenvolvemento de Android. A charla foi sobre Reactive programming con RxJava e tivo unha parte teórica e unha práctica. Sempre é de agradecer que os poñentes fagan algo de Live Coding. Non é doado pero Saul o fixo moi ben, nótase canto sabe do tema.


As slides e código da charla están no seu repo de Github e o video da charla en YouTube.

Para finalizar, fixemos un Kahoot. Esta vez o gañou María Bouzas, ¡parabéns!.

Despois, unhas cervexas no bar do lado. Coma sempre, ter un rato para falar ca xente e botarse unhas risas é o mellor do meetup.

Xa temos o seguinte Meetup convocado e tamén un workshop de iniciación, ¡non volos perdades!. Os podedes anotar na nosa páxina do Meetup.


Última actualización: 10/05/2017

Colaboradores