O segundo meetup do VigoJUG

| blog |

Despois do ben que o pasamos na primeira meetup (polo menos os organizadores), xa nos tarda organizar a segunda, así que vela ahi vai:

Empezará Alejandro Moratinos de Netcentric cunha charla de 30 minutos titulada: "Introducción de Cassandra con Java" na que se fará unha pequena introdución o mundo NoSQL centrado especialmente na base de datos Open Source chamada Cassandra. A continuación farase algún exemplo para ver como utilizala e conectarse desde aplicativos Java, resaltando as boas prácticas e erros máis comúns.

A continuación, virá Saúl Molinero de Popsy e un dos organizadores do GDGVigo, con outra charla/taller de 30 minutos titulada "Reactive programming con RxJava". Tratase dunha librería para crear programas asíncronos de maneira reactiva. A charla ten utilidade para os linguaxes que se executan na JVM pero tamén para os outros, xa que hai librerías para moitos deles que baséanse nas Reactive Extensions. Tamén se verá a boa cohesión que hai con determinados aspectos de Java 8.

Ademais, o comezo, teremos unha pequena introdución do gañador do reto (¡o publicaremos en breve!) se hai quórum para facelo.

O meetup farase no Kaleido Coworking ( ubicación ) as 19:30 o martes 2 de Maio. O rexistro faise a través da páxina do meetup. Se reservas unha praza e finalmente non podes ir, por favor libéraa con tempo para que outro poida collela.

O rematar, e como marca a tradición, iremos tomar unhas cervexas o bar do lado para charlar un rato e relaxarnos un pouco.

¡Anímate!


Última actualización: 01/04/2017

Colaboradores