O resumo do primeiro meetup

| blog |

Parece incrible pero xa pasou o primeiro meetup do VigoJUG. Dende a organización, queremos darvos as gracias a todos: os asistentes, os sponsors e os outros grupos de Vigo que tanto axudaron a facer realidade o VigoJUG. Agradecer en especial a David Ibañez o currazo de gravar, editar e subir os vídeos. Pasamos un bo rato xuntos e temos as pilas a tope para ir a por máis.

No meetup houbo uns 60 anotados, inda que non viu todo o mundo foi moito máis do que era a nosa previsión (sobre dez contando os poñentes)... así que en termos de asistencia e tendo en conta que foi o primeiro, non podemos estar máis contentos.

Empezamos cunha presentación do VigoJUG por Tomás, para xa entrar en materia ca sua charla, Make Java great again, charla elixida por votación no twitter. A nota graciosa a puxo un repartidor que interrompeu a Tomás para entregar un paquete e un dos asistentes que matizou "Tranquilos, é un paquete Java". A charla cubriu o pasado, presente e futuro de Java con anécdotas, trucos e curiosidades. A podedes ver en Youtube e tedes as slides no Github do VigoJUG.


Despois Antón fixo unha introdución a Groovy co título De Groovy... e Sancho Panza, comezando cas diferencias con Java 7 e 8 e seguindo por diferentes utilidades, tentando que todo o mundo puidera levarse algo da charla. Houbo algo de programación en directo, que sempre é de agradecer. Terminou falando do VigoJUG e presentando o reto, que se anunciará moi pronto. A charla a podes ver no canal Youtube do VigoJUG e as slides e código no Github.


Finalmente, xogamos un Kahoot que fixo os asistentes gastar os miolos. O gañador foi Vitor, que xa goza da sua licencia de JetBrains.

Para rematar, unhas cervexas no bar do lado do Kaleido, coma sempre, o mellor do Meetup.

O meetup de Maio xa está listo, así que si queredes, xa vos podedes apuntar en Meetup. Tamén, se tedes unha charla ou idea na cabeza, ¡falade con nos!.


Última actualización: 05/04/2017

Colaboradores