VigoJUG no foro tecnolóxico

| blog |

O VigoJUG estará no Foro Tecnolóxico de emprego dando unha charla sobre os programadores no ámbito laboral con foco nos linguaxes da JVM pero tamén aberto a outras linguaxes e tecnoloxías. A idea é facer un repaso da situación do mercado laboral actual, vendo cales son as causas que fan que as empresas teñan agora mesmo tantos problemas para contratar programadores e como os novos enxeñeiros pódense aproveitar disto para encontrar unha mellor saída cando rematan a carreira.

Trátase de desmitificar a figura do programador mal pagado ou pouco integrado na sociedade, para mostrar que é unha opción digna e, en moitos caso, con moitas posibilidades.

Poñeranse exemplos de enxeñeiros galegos que se gañan a vida programando e tamén falarase de todo o movemento de meetups e grupos de tecnoloxía de Vigo: Python Vigo, GDG Vigo, Vigo Labs, PHPVigo , Javascript Vigo, Agile Vigo, SysAdminGalicia, VigoJUG, etc. e o que significan para a cidade en términos de formación, emprego e innovación.

Por último, para aqueles que desexen coñecer un pouco máis o mundo do desenvolvemento profesional, se describirán algúns recursos e ideas que poden axudar a introducirse neste mundillo.

A conferencia é orientada a Enxeñeiros da Uvigo pero aberta a todo o mundo. Farase no Seminario de Organizacion de la Escuela de Ingenieria Industrial de la Universidade de Vigo o Xoves de 11:00 a 11:45. Pódese consultar toda a información na páxina do Foro e apuntarvos no evento de Meetup.


Última actualización: 06/03/2017

Colaboradores