O primeiro meetup do VigoJUG

| blog |

¡Xa temos axenda para a primeira charla do VigoJUG!

A idea é facer algo sinxelo, para dar a coñecer o grupo, e incluso ter algo de tempo para escoitar as vosas ideas. Tamén, pensando en que sendo a primeira pode haber erros, pensamos que é mellor empezar cos organizadores, así nos motivamos para facelo ben a primeira ;-)

A axenda consistirá en duas charlas de 30 minutos cada unha, ca seguinte temática:

  • Make Java great again (título elixido por votación no twitter): Tomás Dias Almeida, é enxeñeiro de software, con moita experiencia internacional en diferentes proxectos para grandes empresas e traballando para NetCentric, empresa internacional que aterrou fai pouco na cidade. A idea non é falar do importante que é Java, se non aclarar algúns falsos mitos, coñecer algunhas curiosidades da linguaxe e o futuro que pode ter unha linguaxe que ten máis de 20 anos.

  • De Groovy... e Sancho Panza: Antón Rodríguez Yuste é un enxeñeiro de teleco que leva varios anos a traballar para Optare Solutions, unha empresa local moi focalizada en proxectos para operadoras e con moita presencia internacional. Antón nos contará que é Groovy e os motivos para usalo con Java para facer xestión de dependencias (Gradle), probas unitarias (Spock) e de integración (Geb), despliegues (sshoogr), integración continua (Jenkinsfile), configuración (DSL) e outras moitas cousas divertidas.

O meetup farase no Kaleido Coworking ( ubicación ) as 19:30 o mércores 29 de Marzo. O rexistro faise a través da páxina do meetup. Se reservas unha praza e finalmente non podes ir, por favor libéraa con tempo para que outro poida collela.

O rematar, iremos tomar unas cervexas o bar do lado para charlar un rato e relaxarnos un pouco.

¡Anímate!


Última actualización: 28/02/2017

Colaboradores